terça-feira, 21 de junho de 2016

HOPE de Boris Lojkine



título orixinal:
Hope
país:

ano:
xénero:
drama
dirección:
duración:
91'
data da estrea:
FR 28/01/2015
reparto:
fotografía:
montaxe:
productor:
producción:
distribuidores:




Cinema social, documentario, ficción romántica, viaxe epopeico... algo de tudo isto ten Hope. É difícil por a raia, entre a realidade e a ficción, no lugar exacto que ocuparía este filme. Incluso Hope, o título, ten un duplo sentido. Hope é o nome da protagonista, mais tamén é, a esperanza, a forza que move a tantísimos migrantes a deixar os seus lugares de orixen para iniciar unha viaxe clandestina cheia de perigos.

Hope narra unha desas viaxes. Léonard axuda a Hope e continuan a sua viaxe xuntos. El é camerunés e ela nixeriana, diferencia importante para o desenrolo da sua historia. O que comeza sendo unha relación de interese, vai evoluindo hacia o romance. Porén, esta historia de amor transcorre nun mundo nada romántico, Léonard e Hope falan mais de diñeiro que de sentimentos ao longo de todo o filme.


            O filme achégase ao documentario na construcción do escenario en que se moven as persoaxes e na descripción das relacións entre éstes. O ghetto é a estación no camiño, dirixido por burócratas corruptos e perigosas mafias que manexan ás persoas segundo as suas propias leises. Poucas veces foi visitado este mundo no cinema. En Hope, o realismo con que se debuxan estes centros de acollida e extorsión convírtese nun dos seus grandes atractivos, e fai del un filme orixinal.

          Esa recreación da realidade con ánimo documental, está na orixe do filme, e lógrase pola colaboración dos seus actores, non só como intérpretes, senon como asesores. O elenco é non profisional, na sua imensa maioria. Entre eles, interpretándose case a si mesmos, hai antigos "chairmans"(os xefes dos ghettos), falsificadores, policias... e son eles os que abren ese submundo, no que se moven ou moveron, ao director do filme, que o recolle e retrata con a exactitude que lle permite a súa experiencia como documentalista.



          Os dous protagonistas foron reclutados para o casting en ghettos ou suburbios. Justin Wang      (Léonard) foi descuberto no ghetto camerunés de Rabat e Endurance Newton( Hope) nun suburbio de Casablanca, despois de muitos meses de procura, dado que as mulleres nixerianas en Marrocos, raramente son libres, teñen amo. Unha nova realidade, as mulleres levan a pior parte, nengunha novidade. A sua complicidade, as suas miradas, a implicación nos seus roles veñen marcadas, seguro, pola sua experiencia vital anterior. Ningún actor podería comprender mellor cada situación interpretada.

           Hope non é unha película doada de ver, é dolorosa e repugna por momentos. Mais é preciso ver filmes como éste para compreender o que pasan aqueles aos que, en Europa, recibimos con valados e “concertinas”.
































































Sem comentários:

Enviar um comentário