quarta-feira, 29 de junho de 2016



Somos xoves, somos fortes.





Título orixinal: Wir sind jung. Wir sind stark.

País: Alemaña.

Ano: 2014.

Xénero: Drama.

Dirección: Burhan Qurbani.

Duración: 123’

Data da estrea: 22/01/2015

Reparto: Devid Striesow, Jonas Nay, Trang Le Hong, Joel Basman, Saskia Rosendahl.

Guión: Martin Behnke, Burhan Qurbani.

Música: Matthias Sayer, Tim Ströble.

Fotografía: Yoshi Heimrath (B&M).

Vestuario: Juliane Maier.

Productor: Leif Alexis, Jochen Laube


Agosto de 1992. Trala caída do Muro de Berlín e a reunificación alemana, grupos de xóvenes de ideoloxía neonazi pasan os días entre rioltas nas rúas do distrito de Lichtenhagen, Rostock. A xenofobia, a recesión, e o desemprego levaos a atacar un refuxio de inmigrantes chamado “Casa dos Xirasois”. Os disturbios agrávanse e a policía retírase, desatándose unha noite de violencia ante unha vergoñosa multitude que observa e aplaude.


O director, Burhan Qurbani, emigrante de orixe afgana, investigou durante tres anos os feitos, co fin de rodar este episodio histórico. “Os acontecementos de Rostock estánse perdendo na memoria colectiva da sociedade () decidimos loitar contra o olvido”, afirma.

Qurbani, axudado por  Martin Behne no guión , intenta reflexar o acontecido dende distintos puntos de vista. A filme enfócase dende a mirada de tres protagonistas:
 -Stefan (Jonas Nay), de 17 anos, pertence ó grupo de xóvenes protagonistas dos asaltos, e que baixo a admiración a Hitler recoñecen ós extranxeiros como causantes de tódolos males da sociedade.
-Lien (Trang Le Hong), unha vietnamita que, coma moitos inmigrantes, loita por unha vida millor nunha nova Alemaña e que se atopa cunha sociedade hostil e inxusta


- Martin (Devid Striesow), pai de Stefan. Fai referencia ós políticos desta nova democracia, aos que niguén remata de crer. Concretados no seu propio interese e poder, son incapaces de gobernar un país consumido pola pobreza, as vellas ideas nazis e a desesperación.

“Somos xóvenes, somos fortes” fálanos do pasado e do futuro. O pasado que recordan os adultos, e o futuro incerto que lles espera os xóvenes. “O pasado morre e o futuro aínda non naceu. Nese momento aparecen os monstruos”

Cabe destacar a sublime fotografía en branco e negro, reflexo do pesimismo que se vive neses día nas rúas. Nembargantes, Qurbani prepara sorpresas visuais e técnicas, que farán ó espectador contaxiarse do sentimento vertixinoso das persoaxes. A atmósfera é tensa, a xornada transcorre coa conciencia de que unha desgraza vai ocorrer, e coa oscuridade e o caos estala tamén a cor.

O 24 de Agosto arde o refuxio.  Burhan Qurbani narra os sucesos con extraordinaria conciencia humana e documental, un conflicto de preocupante actualidade e que ilustra o brutal impacto dos cambios de réxime na xuventude. “O que se describe é un acontecemento que tivo lugar nun lugar e nun momento precisos pero que podería acontecer en calquer lugar e na actualidade”. Soamente coñecendo e comprendendo de onde ven ese “monstruo”, coma di Qurbani, póderase loitar contra él e reaccionar para que non volva ocorrer.


Sem comentários:

Enviar um comentário