terça-feira, 1 de novembro de 2016

O LENZO( Jean François Laguionie)








Ano: 2011.
País: Francia.
Título Orixinal: Le tableau.
Idioma: Francés (subtítulos español).
Duración: 76 min.
Guión: Jean-François  Laguionie, Anik Leray.
Música: Pascal Le Pennec.
Fotografía: Animation.
Productora: BE-FILMS/Blue Spirit Animation/ uFilm
Género: Animación, Drama, Fantástico, Aventuras.

“Le Tableau”, “O Lenzo”, é o título do filme de Jean-François Laguionie (Francia, 1923). Trátase dunha longametraxe de animación que nos acerca as aventuras das persoaxes dunha pintura inacabada. O lienzo contén un mundo en miniatura con varios escenarios: un bosque, un castelo, un xardín… e gran variedade de persoaxes: algunhas delas acabadas, outras ás que lles falta apenas unhas leves pinceladas, e outros que son simples bocetos. Coma consecuencia créase un microuniverso social e político; os habitantes do castelo enorgullécense de estar totalmente pintados e desprecian o considerar os “case acabados” e os bocetos coma simples erros do pintor. Marxinados polos acabados, algúns inacabados decidirán saír do cuadro e buscar ao pintor, o seu creador.



Jean-François Languionie é o director desta orixinal e fermosa  obra. Con anterioridade dirixiu varios cortos coma “La demoiseille et le violoncelliste” e “la Traversée de l’Atlantique á la rame”; e longametraxes coma “Gwen et le livre de sable”. Sen embargo, non foi até 2011 con “Le tableau”, cando foi recoñecido o seu talento. Foi nominada os Premios César dese mismo ano, e proxectouse en varios festivais no 2012.



O filme fica cheo de simbolismo e reflexa un increíble amor pola pintura. Con ela emprendemos unha fantástica travesía cromática a un mundo de Oz inspirado nas pinturas de Matisse, Derain, Bonnard, Picasso… e o movemento artístico do “fovismo”, no que os trazos se tornan orixinais e fluídos e os sentimentos se espresan a través de provocativas cores.

Unha fábula que a simple vista semella non ser mais que a viaxe dun grupo de persoaxes, pero que pouco a pouco vai desvelando o verdadeiro cometido da historia. Neste orixinal mundo, no que se pode entrar e saír dos cuadros, vámonos atopando diversas pinturas, abandoadas polo pintor. Coñecemos entón distintos aspectos da súa vida e vánsenos plantexando distintas dúbidas de gran relevancia ó longo dos séculos: ¿porque estamos aquí?, ¿porque hai guerras?, ¿como surxen as diferencias sociais?, etc.

Trátase dun universo fascinante, unha gran metáfora que te enfronta a dilemas e unha verdadeira crítica as clases sociais. Todo isto contado cunha imaxinación desbordante que, sen dúbida, resulta imprescindible para calquer amante do cinema, a pintura e o arte de crear.