quarta-feira, 27 de julho de 2016

TEMPO DE CANÍBALES( Alemaña, 2014)




Öllers e Niederländer son asesores de empresa mui ben remunerados. Dende hai anos percorren o globo como carne de canón de primeira liña do capitalismo internacional, mantendo grande distancia coa realidade de "alá fora", que se manifesta como unha suxa silueta trás das xanelas dos seus hotéis de luxo con ar condicionado. Até agora, ambos executivos crian ter tudo baixo control. Mais, de pronto, deberán conviver cunha nova colega, que substituirá ao seu antigo compinche, Hellinger, xa que,  inesperadamente, éste convírtese en socio da compañía. Este feito, non é mais que o comezo dunha serie de catástrofes que marcan o ritmo da evolución de filme e persoaxes.



O filme foi rodado integramente en estudos, as paisaxes que se vem a través das xanelas están pintados sobre cartón... As accións que suceden fora das paredes dos hotéis e que son determinantes apresentansenos polos ruidos e as reaccións dos persoaxes, nunca se mostran directamente, axudando a xerar unha atmósfera claustrofóbica.





Mais Tempo de Caníbales é unha comédia, un filme grotesco, unha caricatura... Tudo se ten dito xá sobre os efeitos do capitalismo salvaxe. Parece que existe un consenso social sobre a necesidade de regulalo, porén, o poder político mantense escravo do económico. Vivimos unha situación de crise global xerada polos desfases dos que dirixen o sistema, porén todas as medidas aplicadas, até o momento, pasan por reforzar a posición dos que cometeron tales desfases. Miles de millóns de persoas sufrindo, e aceptando, as consecuencias desastrosas daqueles que so pensan na sua riqueza desmedida. A realidade é absurda e para reflexala, hai que recurrir ao absurdo. Este filme, que parece unha broma, déixanos a sensación de que o  que verdadeiramente acontece nas alturas das grandes empresas, nos despachos dos mais caros edificios do mundo, en iates e hoteis de luxo, non debe estar mui alonxado do que se nos mostra.

terça-feira, 12 de julho de 2016

Le Havre






Ano: 2011
Duración: 93 min.
Director: Aki Kaurismäki
Xénero: Comedia. Drama 
Guión: Aki Kaurismäki
Fotografía: Timo Salminen
Reparto: André Wilms, Kati Outinen, Jean-Pierre Darroussin, Blondin Miguel, Elina Salo, Jean-Pierre Léaud, Evelyne Didil



      
Marcel Marx (André Wilms), é un escritor retirado a unha vida sosegada e tranquila na cidade francesa de Le Havre. Tras esquecer as ambicións e as expectativas de éxito como escritor, Marcel traballa como limpiabotas disfrutando dunha rutina sen sobresaltos coa sua muller Arletty(Kati Outinen). Cando Marcel se topa cun neno inmigrante procedente da Africa negra perseguido pola policía, terá que enfrentarse a implacable maquinaria do Estado para proteger o seu novo amigo.  Deberá indagar un plan para arranxar a saida do rapaz á  cidade de Londres  donde o agarda a sua familia. 
     
  A pesar se conter todos os ingredientes dun durisimo drama , Kaurismäki sabe contarnos a historia cun optimismo e un sentido do humor único. Peculiares personaxes sobre coloridos fondos crean relaxantes atmósferas e escenarios que semellan cuadros pictóricos. O filme critica ás políticas de inmigración dos Estados constitucionais e enfatiza os valores humanos e solidarios da vida no barrio.




2011: Premios Cesar: 3 nominaciones: mellor película, director e deseño de producción.
2011: Festival de Cannes: Premio FIPRESCI. 
2011: Premios do Cine Europeo: 4 nominaciones.
2011: Critics Choice Awards: Nominada a Mellor película extranjera.
2011: Satellite Awards: Nominada a Mellor película de fala non inglesa.
2011: Premios David di Donatello: Nominada a mellor película da Unión Europea.

2011: Festival de Chicago: Hugo de Oro - Mellor película.