HOPE de Boris Lojkine
título orixinal:
|
Hope
|
país:
|
|
ano:
|
|
xénero:
|
drama
|
dirección:
|
|
duración:
|
91'
|
data da estrea:
|
FR 28/01/2015
|
reparto:
|
|
fotografía:
|
|
montaxe:
|
|
productor:
|
|
producción:
|
|
distribuidores:
|
Cinema
social, documentario, ficción romántica, viaxe epopeico... algo de tudo isto
ten Hope. É difícil por a raia, entre a realidade e a ficción, no lugar exacto
que ocuparía este filme. Incluso Hope, o título, ten un duplo sentido. Hope é o
nome da protagonista, mais tamén é, a esperanza, a forza que move a tantísimos
migrantes a deixar os seus lugares de orixen para iniciar unha viaxe
clandestina cheia de perigos.
Hope
narra unha desas viaxes. Léonard axuda a Hope e continuan a sua viaxe xuntos.
El é camerunés e ela nixeriana, diferencia importante para o desenrolo da sua
historia. O que comeza sendo unha relación de interese, vai evoluindo hacia o
romance. Porén, esta historia de amor transcorre nun mundo nada romántico,
Léonard e Hope falan mais de diñeiro que de sentimentos ao longo de todo o
filme.

O filme achégase ao documentario na construcción do escenario en que se moven as persoaxes e na descripción das relacións entre éstes. O ghetto é a estación no camiño, dirixido por burócratas corruptos e perigosas mafias que manexan ás persoas segundo as suas propias leises. Poucas veces foi visitado este mundo no cinema. En Hope, o realismo con que se debuxan estes centros de acollida e extorsión convírtese nun dos seus grandes atractivos, e fai del un filme orixinal.
Esa recreación da
realidade con ánimo documental, está na orixe do filme, e lógrase pola
colaboración dos seus actores, non só como intérpretes, senon como asesores. O
elenco é non profisional, na sua imensa maioria. Entre eles, interpretándose
case a si mesmos, hai antigos "chairmans"(os xefes dos ghettos),
falsificadores, policias... e son eles os que abren ese submundo, no que se
moven ou moveron, ao director do filme, que o recolle e retrata con a exactitude
que lle permite a súa experiencia como documentalista.

Hope non é unha
película doada de ver, é dolorosa e repugna por momentos. Mais é preciso ver
filmes como éste para compreender o que pasan aqueles aos que, en Europa,
recibimos con valados e “concertinas”.
Sem comentários:
Enviar um comentário