Öllers e Niederländer son asesores de empresa mui ben remunerados.
Dende hai anos percorren o globo como carne de canón de primeira liña do
capitalismo internacional, mantendo grande distancia coa realidade de "alá
fora", que se manifesta como unha suxa silueta trás das xanelas dos seus
hotéis de luxo con ar condicionado. Até agora, ambos executivos crian ter tudo
baixo control. Mais, de pronto, deberán conviver cunha nova colega, que
substituirá ao seu antigo compinche, Hellinger, xa que, inesperadamente, éste convírtese en
socio da compañía. Este feito, non é mais que o comezo dunha serie de catástrofes
que marcan o ritmo da evolución de filme e persoaxes.
quarta-feira, 27 de julho de 2016
TEMPO DE CANÍBALES( Alemaña, 2014)
terça-feira, 12 de julho de 2016
Le Havre
Ano: 2011
Duración: 93 min.
Director: Aki Kaurismäki
Xénero: Comedia. Drama
Guión: Aki Kaurismäki
Fotografía: Timo Salminen
Reparto: André Wilms, Kati Outinen, Jean-Pierre Darroussin, Blondin Miguel, Elina Salo, Jean-Pierre Léaud, Evelyne Didil
Marcel Marx (André Wilms), é un escritor retirado a unha vida sosegada e tranquila na cidade francesa de Le Havre. Tras esquecer as ambicións e as expectativas de éxito como escritor, Marcel traballa como limpiabotas disfrutando dunha rutina sen sobresaltos coa sua muller Arletty(Kati Outinen). Cando Marcel se topa cun neno inmigrante procedente da Africa negra perseguido pola policía, terá que enfrentarse a implacable maquinaria do Estado para proteger o seu novo amigo. Deberá indagar un plan para arranxar a saida do rapaz á cidade de Londres donde o agarda a sua familia.
A pesar se conter todos os ingredientes dun durisimo drama , Kaurismäki sabe contarnos a historia cun optimismo e un sentido do humor único. Peculiares personaxes sobre coloridos fondos crean relaxantes atmósferas e escenarios que semellan cuadros pictóricos. O filme critica ás políticas de inmigración dos Estados constitucionais e enfatiza os valores humanos e solidarios da vida no barrio.
2011: Premios Cesar: 3 nominaciones: mellor película, director e deseño de producción.
2011: Festival de Cannes: Premio FIPRESCI.
2011: Premios do Cine Europeo: 4 nominaciones.
2011: Critics Choice Awards: Nominada a Mellor película extranjera.
2011: Satellite Awards: Nominada a Mellor película de fala non inglesa.
2011: Premios David di Donatello: Nominada a mellor película da Unión Europea.
2011: Festival de Chicago: Hugo de Oro - Mellor película.
terça-feira, 5 de julho de 2016
Subscrever:
Mensagens (Atom)