domingo, 30 de abril de 2017

Estómago

Un filme de Marcos Jorge

Marcos Jorge, con formación en xornalismo, linguaxe cinematográfica, guionista e director, preséntanos esta metáfora culinaria, que separa o mundo entre os que comen e os que son comidos.

O vindeiro xoves 4 de maio
Casa da Cultura de Viana do Bolo, ás 20:30 h
Entrada de balde


segunda-feira, 3 de abril de 2017

Ao outo lado

de Fatih Akin


Conmovedora, emocionante... mesmo ás veces desconcertante. Vidas cruzadas a través de Europa.. Un guión premiado en Cannes, un filme nominado nos Goya... Non deixa indiferente.


Na Casa da cultura de Viana do Bolo

Xoves 6 de abril ás 20:30 h


domingo, 5 de março de 2017

Tropa de elite

Oso de Ouro ao mellor filme en Berlín (2008), Tropa de Elite introdúcenos nun mundo moi pouco accesible para a policía brasileña, o das favelas. O Capitán Nascimento, ao mando dun grupo do BOPE, debátese entre o cumprimento da misión de actuar nesta zona de Río de Janeiro co motivo da visita dun xefe de estado e buscar sucesor para si mesmo ao fío de ser pai en breve.



A crítica deste filme estivo dividida, mesmo chegou a ser calificado de fascista, aínda que dicir que José Padilha (director) promove o fascismo en Tropa de Elite é coma dicir que Camus promove as desigualdades sociais nos Santos Inocentes. Esta controversia fixo da cinta unha das máis vistas e comentadas en Brasil nos últimos tempos, e ben merece a pena botarlle unha ollada.

Na Casa da Cultura de Viana do Bolo
O vindeiro 9 de marzo ás 20:30 horas

quinta-feira, 19 de janeiro de 2017

Alicia nas cidades (Alice in den Städten)

A amizade surxe en cada pequeno detalle, ao longo da viaxe. Déixate envolver por esta tenra película de Win Wenders, rodada en 16 m e con fotografía en branco e negro para transmitir os grises sentimentos de Phil, un escritor en horas baixas que retorna a Alemania e, sen querelo, se atopa durante a viaxe con Alicia, unha nena de 9 anos moi especial. Unha road movie que non debes perder!h3

Proxección: xoves 26 de xaneiro ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Viana do Bolo.



Director
Wim Wenders
Reparto
Rüdiger Vogler
Yella Rottländer
Lisa Kreuzer
Edda Köchl
Didi Petrikat
Ernest Böhm
Ano / País:
 / Alemania
Título orixinal:
Alice in den Städten
Duración
110 min.
Guión
Wim Wenders, Veit von Fürstenberg
Música
CAN
Fotografía
Robby Müller (B&W)
Productora
Produktion 1 im Filmverlag der Autoren / WDR
Género
Road movie, drama


terça-feira, 1 de novembro de 2016

O LENZO( Jean François Laguionie)








Ano: 2011.
País: Francia.
Título Orixinal: Le tableau.
Idioma: Francés (subtítulos español).
Duración: 76 min.
Guión: Jean-François  Laguionie, Anik Leray.
Música: Pascal Le Pennec.
Fotografía: Animation.
Productora: BE-FILMS/Blue Spirit Animation/ uFilm
Género: Animación, Drama, Fantástico, Aventuras.

“Le Tableau”, “O Lenzo”, é o título do filme de Jean-François Laguionie (Francia, 1923). Trátase dunha longametraxe de animación que nos acerca as aventuras das persoaxes dunha pintura inacabada. O lienzo contén un mundo en miniatura con varios escenarios: un bosque, un castelo, un xardín… e gran variedade de persoaxes: algunhas delas acabadas, outras ás que lles falta apenas unhas leves pinceladas, e outros que son simples bocetos. Coma consecuencia créase un microuniverso social e político; os habitantes do castelo enorgullécense de estar totalmente pintados e desprecian o considerar os “case acabados” e os bocetos coma simples erros do pintor. Marxinados polos acabados, algúns inacabados decidirán saír do cuadro e buscar ao pintor, o seu creador.



Jean-François Languionie é o director desta orixinal e fermosa  obra. Con anterioridade dirixiu varios cortos coma “La demoiseille et le violoncelliste” e “la Traversée de l’Atlantique á la rame”; e longametraxes coma “Gwen et le livre de sable”. Sen embargo, non foi até 2011 con “Le tableau”, cando foi recoñecido o seu talento. Foi nominada os Premios César dese mismo ano, e proxectouse en varios festivais no 2012.



O filme fica cheo de simbolismo e reflexa un increíble amor pola pintura. Con ela emprendemos unha fantástica travesía cromática a un mundo de Oz inspirado nas pinturas de Matisse, Derain, Bonnard, Picasso… e o movemento artístico do “fovismo”, no que os trazos se tornan orixinais e fluídos e os sentimentos se espresan a través de provocativas cores.

Unha fábula que a simple vista semella non ser mais que a viaxe dun grupo de persoaxes, pero que pouco a pouco vai desvelando o verdadeiro cometido da historia. Neste orixinal mundo, no que se pode entrar e saír dos cuadros, vámonos atopando diversas pinturas, abandoadas polo pintor. Coñecemos entón distintos aspectos da súa vida e vánsenos plantexando distintas dúbidas de gran relevancia ó longo dos séculos: ¿porque estamos aquí?, ¿porque hai guerras?, ¿como surxen as diferencias sociais?, etc.

Trátase dun universo fascinante, unha gran metáfora que te enfronta a dilemas e unha verdadeira crítica as clases sociais. Todo isto contado cunha imaxinación desbordante que, sen dúbida, resulta imprescindible para calquer amante do cinema, a pintura e o arte de crear.





domingo, 16 de outubro de 2016

SEMPRE XONXA, de Chano Piñeiro

" Sabes que Sempre Xonxa está a ser a primeira longametraxe do cine galego. Sabes que o cine é unha industria, ademais de un arte, que non ten a mínima infraestrutura no noso país. Que, por tanto, non ten productores, é dicir, empresarios que aposten por nós, polo cine como arte, como cultura e como empresa.
   Nestas circunstancias, que eu considero de subdesenvolvimento e colonización, eu aposto pola imaxe na nosa cultura, porque creo nela, porque sei que temos, podemos e debemos dicir muitas cousas. Porque o cine en galicia está calado e nin sequera foi mudo. Sempre Xonxa, a parte de ser unha película, é unha empresa de 173 millóns de presuposto. Precisamos o teu apoio. Ti podes participar. Seguro. Xa.
     Infórmate.
     Hai participacións desde cincuenat mil pesetas."
( Publicado nun folleto para a campaña de financiamento da película. Vigo, 1988)

   
      Se tivera escrito onte, antes de re-ver o filme, algo sobre Sempre Xonxa( Chano Piñeiro, 1989), seguramente esta chamada á colaboración económica que encabeza a entrada tería sido protagonista. O filme realizaou-se nun momento en que o cinema galego, entendido como á producción de longametraxes para a sua exhibición en pantalla grande, non existía. Anos antes, en 1973, o lema da I Semana de Cine en Ourense, retrataba con humor cal era a situación: " O cine galego é a consciencia da sua nada. Xa é algo". Acho que Chano Piñeiro conseguiu, con a sua luita por sacar adiante a sua película, que esa consciencia chegara á sociedade, ás instituicións, á política... e iso xa foi algo.

    Tería posto mais interese en remarcar o facto de que Sempre Xonxa, estreada neste contexto comentado, foi a primeira longametraxe galega. Estou convencido diso. Sexan cais sexan os criterios que escollamos para definir o que é Cinema Galego, Sempre Xonxa cúmpleos todos: Realizador galego, técnicos galegos, intérpretes galegos, argumento inequívocamente galego, rodada na Galiza e en galego. Non creo que isto se poda discutir.

      Tudo isto sería razón suficiente para ver Sempre Xonxa, mas nunca sería unha razón tan forte como calquera  que sexa a que nos move a ver cinema a todos os espectadores do mundo. E é que Sempre Xonxa é un filme moi bo, desde unha perspectiva universal. É provábel que a quen mais emocione ese comezo con os nenos voando un papaventos polas nosas montañas, sexa aos que habitamos o Macizo Central, mas estou convencido de que a fermosura da escena non deixaria indiferente a un amante do cinema de Texas, por exemplo.


     Tres protagonistas aos que se nos une desde a sua infancia( como non querer a un neno), nunha primeira parte do filme que ogallá non acabara nunca. Pato-peto-pito!!!. Asistimos á sua historia a través dos anos e as estacións. Amor, invexas, vinganzas, sucesos e fracasos... E ao lado dos protagonistas, o cura, o mestre e caladiño dos cais se deberían vender posters na FNAC. A historia mola.

   
     Non é, porén, só historia. Sucédense escenas fermosísimas e complexas. Caio rendido ante a recreación da marcha de centos( ou miles) de emigrantes desde o Porto de Vigo. Impresionante homenaxe ás mais icónicas imaxes que trascenderon desas amargas despedidas e que obrigadamente teñen de conmover a calquera humano, sexa galego ou non.


       Cinema feito para o mundo con a cámara ben fincada nas nosas raíces.



     




quarta-feira, 5 de outubro de 2016

RESPIRE, de Mélanie Laurent















§  Director: Mélanie Laurent.

§  Reparto: Joséhine Japy, Lou de Laâge, Isabelle Carré, Claire Keim, Radivoje Bukvic...

§  Título orixinal: “Respire”.

§  Ano: 2014.

§  País: Francia.

§  Idioma: Francés, subtitulada en Castelán.

§  Duración: 90 min.

§  Guión: Mélanie Laurent, Julien lambroschini ( novela de Anne-Sophie Brasme).

§  Música : Marc Chouarian.

§  Fotografía: Arnaud Potier.

§  Productora : Move Movie/ Gaumont/ Mely Productions.

§  Xénero: Drama. Adolescencia.

§  Premios: 2014. Nominación de Joséphine Japy Premios César.







Basada na novela de Anne-Sophie Brasme, e co mesmo nome, “Respire” sumérxenos na vida de Charlie (interpretada por Joséphine Japy), unha introvertida adolescente de 17 anos. Filla dunha nai sumisa e un pai maltratador, a vida de Charlie sofre un radical cambio cando comeza a simpatizar coa nova rapaza do instituto, Sarah (Lou de Laâge). O que comeza coma unha relación de amizade perfecta, pronto irase transformando dramáticamente, ata que a debilidade e a dependencia chegarán á obsesión. 

 

“Respire” é a segunda largometraxe da polifacética Mélanie Laurent (París, 21 de febreiro de 1983). A actriz, cantante e agora directora é coñecida a nivel internacional pola súa interpretación no 2009 como Soshana, na película de Tarantino “Inglorius Bastards”. Ademáis, no 2006 gañou o Premio César a mellor actriz.


Estamos ante unha historia íntima, pero de grandes alcances introspectivos e narrativos. “A pasión é nociva no momento en que se torna excesiva”, cita o profesor de filosofía ó comezo da cinta, vaticinando o desastre. “Respire” é o diario dunha elección sadomasoquista e asfixiante. Charlie  parece disfrutar desta situación opresiva e na contra de alonxarse, asume aínda máis o seu papel de víctima. Nese intre Sarah desvela a súa verdadeira natureza, desencadeando un despiadado bullying escolar.


Laurent consegue plasmar á perfección ese ambiente de agobiante afogo, tanto físico coma mental. Créase unha atmósfera absorbente, o filme aspira a vida enchéndose dela, para logo expulsala de forma constante, exhalando ráfagas máis enérxicas nalgúns momentos da metraxe, coincidindo coas angustiosas crises asmáticas de Charlie. Trátase dun filme cun ritmo pausado pero emocionante.


As dúas protagonistas transmiten unha gran transparencia e naturalidade, chegando incluso a ser innecesarios os subtítulos. Ademáis os primeiros planos cun abusivo acercamento da cámara captan a perfección a intimidade das adolescentes, que choca coa frivolidade do ambiente. Coma broche final, un  logrado travelling lateral da cámara, presagio da natureza destructiva do filme e o seu imprevisible final.